martes, 23 de abril de 2024

Publicada a Resolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño en Galicia 2024/25

 GUÍA SOBRE OS ESTUDOS DAS ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO DE GALICIA  (EASD) | IES Chamoso Lamas

  • O prazo de inscrición para as persoas aspirantes que soliciten realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación, comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 10 de xuño.
  • A inscrición para as persoas aspirantes que cumpran co requisito de titulación, comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 21 de xuño.
  • Resolución 10 de abril de 2024 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Exames e respostas da convocatoria 2024

 Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2024 de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Máis información

jueves, 18 de abril de 2024

Guía Tí elixes 2024

 O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña publicou  a guía TI ELIXES 2024, con información actualizada de estudos, bolsas e axudas de Educación Secundaria, Formación Profesional, estudos Superiores e Universitarios, así como recursos de procura de emprego, elaborada polo Centro Municipal de Información Xuvenil.

A guía está publicada na web educativa municipal 

https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas-educativos/detalle-programa/xornadas-de-orientacion-artistica-e-profesional-xoap-2024/contenido/1453839255943

Tamén podes acceder a ela premendo na imaxe